
A Obra
PER AGRUM é unha cantata para coro de mozos e orquestra sinfónica. Foi especialmente escrita por Josu Elberdin para poñer en valor o camiño de Santiago e o significado da peregrinaxe, unindo a diferentes comunidades autónomas, desde os Pireneos ata a nosa Galicia. Nela participan, a modo de encontro e cantando xuntos, 120 mozos de coros xuvenís vascos, navarros e galegos.
A través da música, a obra describe as impresións do peregrino ao atravesar as diversas paisaxes cos que se atopa durante o Camiño, desde o descenso do Pirineo ata chegar a Santiago de Compostela, recreando sensacións que animan ao viaxeiro no seu camiño, achegándolle serenidade e dándolle forzas para seguir adiante.
O texto, cuxo título en latín significa polo campo, fala do anhelo inicial que impulsa a marcha do peregrino e os seus rogos para manter a boa dirección e sentirse protexido. O compositor logra que a música, de extraordinaria beleza, mostre o sentir dun peregrino, tanto as súas dúbidas como as súas inquietudes e alegrías, e así este, finalmente, cambiará a súa forma de entender a vida, de sentirse a si mesmo e o que lle rodea, porque PER AGRUM é unha alegoría da vida e nace do desexo de percorrer un camiño. A finalidade da obra é que intérpretes e público son chamados a transformarse en peregrinos, que transitan a través da obra.
Alternando partes en castelán, galego e euskera, o texto fai referencia a unha antífona que se canta nas celebracións do día de Santiago, e incorpora a coñecida Aurora de Santiago. Tamén inclúe a obra Terra Maina de Josu Elberdin sobre letra do poeta ourensán Albino Núñez Domínguez.
Hai que destacar un aspecto importante en relación á difusión do canto coral infantil e xuvenil: Trátase da integración social que se desenvolve polo propio feito de practicar a actividade coral. O fomento e desenvolvemento do canto coral mellora, sen dúbida, a relación entre as persoas, e moito máis aínda se logramos, como neste caso, que nenos e mozos canten e sintan todos xuntos.
Organizáronse varios concertos, destinados a potenciar a música, a cultura e o patrimonio das comunidades do norte da Península Ibérica. Previamente realizáronse concertos en San Sebastián, Burgos e Pamplona, todos eles cunha excelente acollida.
Per Agrum: os movementos que integran a obra
1. Per Agrum Obertura [INSTRUMENTAL]
O discurso musical baséase na emoción que produce cando un decide a emprender un camiño tan intenso e complexo como o camiño de Santiago. Ao ser un roteiro tan antigo, nalgún momento aparecerá o reflexo de acordes e liñas musicais que soe a algo moi anterior á actualidade, e que lembre a personaxes ou historias medievais. Centrándose despois na idea de camiñar e ir superando a sempre insuperable barreira do horizonte. O espírito é decidido e o compromiso co camiño tamén.
2. Erromes Kantua
É a harmonización dunha melodía popular moi antiga, que se centra na imaxe do peregrino, comezando a nosa andaina desde Roncesvalles. A primeira volta deixa o discurso a dúas voces, coa harmonía moi aberta, producindo unha sensación de tensión que hai que encher sobre o baleiro. Logo cantarase con 3 voces, e a masa harmónica quedará máis compacta. Na terceira volta, uns pequenos retoques harmónicos darán unha cor máis intensa. O final é unha pregunta que queda sen resposta.
3. Argi baten bila
É o comezo do camiño en si. Unha idea positiva e unha marcha apracible pero decidida marca o paso ao camiñante. Aínda así as dúbidas de como será aquilo que se vai a atopar asáltanlle. Non lle poden e continúa sempre adiante. O xogo que se produce con Argi daukat (teño claro) pero usándoo como xogo de palabras sobre argia (luz) produce como unha lanterna que se move cara a diferentes partes, iluminando todo e dando luz e cor. Chega a dúbida razoable no dobre coro (simulado) e as dúbidas e o medo perséguenlle ao camiñante sendo o seu propio “eco”, pero decide seguir o camiño.
4. El firmamento me guía
É un camiño rememorando a tódalas persoas que pasaron por alí ó longo de centenares de anos. Escrita primeiro a unha voz, e logo ampliando a 2 e, por fin, a 3. Nun discurso harmónico máis ancestral. O peregrino detense no medio da noite e o firmamento enméigao e envólveo. A maxia aparece, e da escuridade da noite xorde a luz que o ilumina para seguir camiñando. Con paso decidido outra vez recupera a marcha, (1 ton por encima neste caso), empezando a entender o cambio de espírito que produce o camiño nun mesmo. Conclúe cunha chiscadela á antífona do día de Santiago, imaxinando como podería ser no medievo, e cunha nova alusión á luz.
5. Basoz baso
Como motivo musical de Euskadi, está escollido o zortziko, esa danza especial e próxima á zona pola que vai pasando o camiñante. Actualizando un pouco a base tradicional de acordes e coloreándoa con acordes un pouco máis actuais, descóbrenos paisaxes da zona máis norteña e fálanos da bondade das súas xentes. É unha terra máis verde, húmida e con sabor a musgo que a zona media. E así, sen darse conta vaise achegando a Pamplona.
6. Paso a paso
O agotamento do camiño comeza a facer efecto. A paisaxe é fermosa, pero xa non camiña tan rápido como antes; aprendeu a gozar do que lle rodea, sen ter o obxectivo deseguida á próxima etapa. O movemento é iniciado polas sopranos, e o resto do coro cantarán con “u” para logo unirse e darlle máis importancia ao discurso. A marcha deu paso ao interior e a serenidade. O recordo de infancia do camiñante enche os seus pensamentos. Acaba paso a paso, aos poucos, pero sen deixar de camiñar, con emoción, manifestada como unha paz pracenteira.
7. Noche en el camino [INSTRUMENTAL]
O peregrino chega a Pamplona. Estamos en xullo, pero o camiñante non sabe da festa. A noite e a súa cor e a frescura invádeno e enche toda a súa alma. Unha vez na cidade, comeza a pasear pola zona vella e a bondade da súa xente e a maxestosidade dos seus edificios embárgano. É unha cidade Santa, maxestosa, desas que un escoitou nos contos épicos. De súpeto, cruza unha esquina e atópase coa festa. Hai unha pequena chiscadela musical ao que pode supoñer a Pamplonesa ou as biribilketas nos San Fermines.
8. Gareseko Zubitik
Chega a Puente la Reina. Pola súa ponte pasaron miles e miles de peregrinos de moi diferente procedencia, pero con igual destino. Imaxinámonos a amálgama de cores e sons nas diferentes linguas dos camiñantes. Preséntase unha frase en euskera, outra en castelán, mestúranse as dúas, creando esa pequena ponte de “babel”.
9. Aurora a Santiago
Non podía faltar un dos motivos musicais Navarros por excelencia, as auroras. Esta aurora cántase moito en toda Navarra. É a chiscadela popular do que recibe na súa casa a todos os que chegan para continuar o seu camiño.
10. Dejo Navarra
O camiño en Navarra acábase. É un número cun comezo moi reflexivo, no que o camiñante ten a sensación de que cambiou a súa maneira de ver esa terra e que sempre será diferente, máis entrañable, querida, amable e nobre. O texto en castelán é máis reflexivo, e en euskera axúdao a camiñar.
11. Terra Maina
Despois dunha larguísima travesía, o camiñante chega a Galicia. É a parte final do camiño, e únese o ansia por acabar, coa pena de que a viaxe chegue ao seu fin. Terra Maina preséntanos unha terra amable e próxima, chea de cor e de calma e cun espírito sosegado. O camiñante séntese relaxado e tranquilo, coma se estivese a chegar a casa. Ao mesmo tempo, a segunda parte do número móstranos unha terra alegre, chea de tradición e de ritmo, que celebra a súa vida e a súa sentir. A letra é do poeta ourensán Albino Núñez Domínguez.
12. Foliada de Santiago
É o fin do camiño, o ansiado trofeo, a chegada a destino. Como todo final, merece de alegría, xúbilo e festa, e por iso, aparece a foliada, que fala de todo isto, mostrándoo cun carácter festivo e desenfadado. O sorriso e o ánimo quedan permanentes no rostro, tras a longa travesía tanto física como espiritual. A música deixaranos o recordo indeleble dunha experiencia que nos cambiou para sempre.
Josu Elberdin
Director e compositor
É un dos compositores de música coral máis importantes do panorama internacional na actualidade, nacido en Pasaia, Guipuzkoa. Entre toda a súa produción é destacable a obtención de premios de composición, así como a escritura de obras obrigadas e encargadas por prestixiosos certames e coros do panorama Internacional, para concursos ou festivais como Tolosa International Choral Competition, Taipei International Choral Festival, Europa Cantat Junior, Simposium Coral Mundial de Arxentina 2011 e Barcelona 2017, Quincena Musical de San Sebastián, Musikaste,… Tamén é o director musical de Ourencanto.
A súa música, especialmente centrada no ámbito infantil, foi posta en escena con asiduidade en formato de conto musical, podendo destacar varias obras con formato sinfónico.
Aínda que as súas obras son de carácter eminentemente coral, conta cunha gran produción de música de carácter sinfónico, pop-rock ou instrumental. Moitas delas están editadas en Walton, Helbling e CM Edicións Musicais.

Orquestra sinfónica V430
O proxecto da Orquestra V430 nace no 2005 (por entonces coa denominación de Ensemble Vigo 430) de un xeito completamente independente, aínda que adquire a súa configuración definitiva a partires do 2014 xa baixo o patrocinio do Concello de Vigo. O seu obxectivo principal é dotar á cidade dunha formación orquestral profesional propia, constituída na súa maior parte polos máis brillantes expoñentes das novas xeracións de músicos galegos, así como por destacados músicos freelance do resto de España e do estranxeiro. Esta combinación entre o talento propio e a aportación foránea é unha característica que este proxecto considera esencial para a obtención do resultado artístico que se marca como obxectivo. A elo súmase as colaboración con solistas e directores de prestixio internacional.
Outro dos principais retos que persegue o proxecto da OV430 consiste no achegamento da música clásica a novos públicos potenciais, así como ás novas xeracións de oíntes, tratando de eliminar a barreira psicolóxica que, para gran parte da poboación, existe á hora de achegarse a un concerto de música clásica. Para elo a programación frecuentemente inclúe propostas de carácter interdisciplinar, así como formatos novedosos e sorprendentes.
A orquestra conta co patrocinio do Concello de Vigo a través de unha subvención anual que lle permíte desenrolar unha tempada de concertos estable, para a que conta con prestixiosos solistas e directores invitados. É orquestra colaboradora da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, estando presente en todas as súas tempadas operísticas desde o ano 2013. Asimesmo é «orquestra adherida» da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS). No ano 2014 recibíu o premio «Martín Códax» da música.
VIOLÍNS I
Mario Peris
Loida Díaz
Fabio Salgado
Manuel A. Cebrián
Irene Cebada
Elias Lleó
Sultana Altynbekova
David Martínez
VIOLÍNS II
Ana Shi Yu
Mª Victoria Jericó
Yuliya Storonska
Aldara Otero
Nicolás Fraga
Iria P. Gregorio
VIOLAS
Ângela Neto
Javier Escobar
Laura Puga
Ksenija Ilic
VIOLONCELOS
Laura Juncal
Clara Martínez
Jimena Andión
CONTRABAIXOS
Marcos Vázquez
María Servera
FRAUTAS
Manuel Morales
Lucía Lugrís
OBOE
Cecilia Castro
CLARINETE
Andrea Álvarez
FAGOT
Daniel Garrido
TROMPAS
Ángela Freiría
Guillermo Núñez
TROMPETAS
Adolfo Caride
Rodrigo Iglesias
TROMBÓNS
Jesús Vicente
Damián Riobó
PERCUSIÓN
Héctor Varela
Pablo Soto
Andrea Agra
Marta Prado
GAITA
Patricia Rodríguez

Os coros
Coro xuvenil Cantiga, Ourense
Directora: Cristina María Rodríguez Boado
Antía Fernández Santiago
Belén Rodríguez Barrosa
Raquel Rodríguez Díaz
Sara Rodríguez Fernández
Álvaro Gamallo González
Ander Arizaga Rodríguez
Antón Santos Reza
Iago Deaño Rodríguez
Roi López Barata
Carolina Rubianes Meixengo
Clara Sueiro Nespereira
Elena Bugallo Vázquez
Elisa Borrajo González
Irene Conde Moyano
Jorge Pérez Garrido
Laura Sabucedo Sequeiros
María Bugallo Vázquez
Sara Lojo Iglesias
Dainé Alejandra Calvo Pérez
Julie Feijoo Piedrafita
Coro A Xunqueira, Pontevedra
Directora: María Luisa Sánchez González
Sara Costas Taboada
Aarón Durán Andrade
Sara Zamora Jueguen
Daniela Barros Silvoso
Olga Pérez Mora
Claudia Amoedo Pazos
Fitsum Ana Sánchez García
Marcos Gutiérrez Peña
Sara Esperante García
Lucía Fraga Pereiro
Shaila De La Caridad Cirisola Díaz
Verónica Piñeiro Castro
Aroa Fraga Silva
Diego Campos Pichel
Manuel Viejo Sánchez
Jaime Recarey Alvite
Lucía Pazos Argibay
Uxía Taboada Muñoz
Lara Alvite Costa
Nuria González Bello
Mariña Vilar Estévez
Sara Lorenzo Fraga
Celia Álvarez Alonso
Noa Beloso Pedreira
Marta Rodríguez Leal
Lucía Besada Güimil
Marina Rey Noya
Uxía Monteagudo Argibay
María Pérez-Ardá Rodríguez
Enrique Pérez-Ardá Rodríguez
Roque Álvarez Alonso
Gabriel Barros
Carolina Pesqueira Loureiro
Coro Easo, San Sebastián
Director: Gorka Miranda Blanco
Alba Becerra
Haizea Miranda
Larraitz Otamendi
Naroa Iglesias
Naia Tardagila
Haizea Elberdin
Uxue Crespo
Eider Martínez
Lide Martínez
Enara Lardizábal
Garazi Goikoetxea
Iraide Urbistondo
Nora Osma
Agate Pagola
Sara Ezkurra
Iria Fernández
Uane Pérez
Keira Williams
Alba Eguibar
Elixabete Herrero
Inés Legarda
Irene Rodríguez
Rafaela Reisseneger
Haizea Puy
Ane Herrero
Irati Goikoetxea
Coral Irama, Marcilla
Directora: María Fernández Barberia
Irene Leza Del Río
Alba Villanueva Ruiz
Iratxe Navarro Llopis
Nahia Resano Fernández
Uxue Barbería Villanueva
Leyre Villanueva Ruiz
Jimena Domínguez Lora
Leyre Caballero Jaso
Jaione Fabo Petricorena
Geno Ruiz Navarro
Ana Abarzuza Marín
Inés Garde Ezquerro
Sandra Catalán Esparza
Ruth Arriazu Simón
Amaia Espinosa Alfaro
Laura Alfaro Autor
Miguel Fabo Villanueva
Isabel Landivar Asiáin
Leyre Esparza Díaz
Cecilia Charral Piard
Alba Fabo Izaguirre


